publicidade hoxe

A Baña vive o venres o Teatro das Letras na Semana Bañense das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña vive o próximo venres, 15 de maio de 2015, o seu Teatro das Letras dentro da Semana Bañense das Letras Galegas 2015. Está programado un obradoiro de teatro coa escola na Casa de Cultura a partir das 18.00 horas. E ás 19.00 horas no mesmo lugar Fabiana Gastaldello presenta Andersen: mimo, commedia dell’arte, teatro de sombras…

O luns, 11 de maio, comenzou no Concello da Baña a Semana Bañense das Letras Galegas 2015 cunha Tarde Infantil entre Letras na Escola de Educación Infantil de Lañas. Comezou ás 18.00 h oras. En primeiro lugar, Ana e Tiko, as dúas voluntarias de Xeorxia do programa europeo Erasmus+, contaron o conto Fidelidade de león en versión xeorxiana e galega. E a continuación actuou Charo Pita co seu espectáculo Canta Conta, que deleitou ás persoas asistentes cunha manchea de contos ao ritmo de instrumentos, de palmas, de asubíos, de cancións… e cunha gran dose de humor e interacción coas persoas asistentes.
Participaron os nenos e as nenas de infantil da EEI de Lañas e de San Vicenzo, do PAI da Baña, do programa Maimiños e Furabolos, xunto coas súas familias que, en conxunto, formaron un público atento, divertido e participativo.Unha vez que rematou a actuación, as persoas participantes tiveron a ocasión de coñecer as instalacións da EEI de Lañas e toda a rapazada puido xogar e aproveitar o que quedaba dunha estupenda tarde de sol.

13 de maio de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.