publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Asociación de Veciños de Anllo organiza un curso de manipulador de produtos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Asociación de Veciños de Anllo San Estevo organiza un curso oficial de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico. Os interesados e interesadas poden inscribirse ata o día 29 de maio chamando ao número de teléfono 678.213.571. A persoa de contacto é Pedro, secretario da Asociación.

O número máximo de participantes será de 15 persoas e o número de horas lectivas, 27. O curso impartirase na Casa do Pobo de Anllo do 15 ao 25 de xuño. O prezo por alumno é de 100 euros. O exame será o 26 de xuño no Centro de Capacitación Agraria de Monforte.

28 de maio de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.