publicidade hoxe

A Asociación de Comerciantes de Sarria premia aos clientes sorteando un premio de 1.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

Visto o éxito da edición do ano pasado, dende a Asociación de Comerciantes de Sarria queremos presentar a nova campaña de promoción comercial que terá lugar nos próximos días. Esta campaña, denominada “60×1.000”, comeza mañá mércores día 6 de maio, e estará en vigor durante un mes, ata o sábado día 6 de xuño.

Trátase de premiar aos compradores, aos consumidores habituais do comercio da vila cun premio moi apetecible: MIL EUROS para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos.

Un ano máis, a campaña tivo unha acollida fantástica por parte do comercio de Sarria e contamos coa participación de gran parte dos establecementos asociados.

O formato do sorteo será o seguinte: con cada compra que unha persoa realice nun dos comercios asociados á campaña, terá a posiblidade de depositar o ticket de compra nunha urna situada nas propias tendas, xunto co ticket terá que escribir os seus datos de contacto. Con todos os participantes realizarase un sorteo, escollendo un dos tickets introducidos en todas as urnas.

Unha vez elexido o gañador, este terá que gastar 1.000 € en 60 minutos, pero as bases aínda teñen máis truco, xa que para que o gasto se considere válido, o gañador terá que mercar en, como mínimo, 9 tendas das participantes e cunha compra máxima por tenda de 250 €.

Co nome de 60X1000, poñemos así na rúa unha nova proposta para fomentar o mercado local buscando a participación de todos os nosos asociados e a colaboración de todo o público de Sarria.

5 de maio de 2015 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.