publicidade hoxe

A aposta pola internacionalización de Gefico levouna a dar servizo a máis de 240 estaleiros en China

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaLocal Portada
A-
A+
Javier Aguilera en Gefico

Javier Aguilera en Gefico

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe que a aposta pola internacionalización da empresa cercedense Gefico levouna a estar presente en todo o globo, dando por exemplo servizo en China a máis de 240 estaleiros. Durante unha visita ás instalacións da compañía, Aguilera salientou que esa aposta internacional foi posible grazas ao compromiso da entidade coa mellora da súa competitividade, a través da potenciación do capital humano e da innovación aplicada.

A empresa está especializada o deseño e fabricación de produtos tecnolóxicos para o sector naval, off-shore, industrial e civil, e deseña, desenvolve e fabrica solucións para o tratamento da auga. En 2011, a compañía pasou a formar parte do grupo industrial Cetus, que integra tamén a empresas como Galopín.

Gefico é a compañía galega máis internacionalizada do sector naval segundo o informe Ardán, e coa ambición de ampliar o seu negocio en mercados exteriores, está implantada en Dubai e está a intensificar a súa presenza en Centro Europa e Asia.

Para seguir mellorando a súa competitividade e a súa proxección exterior, a empresa decidiu acollerse ao programa Reacciona para incorporar melloras en ámbitos como a procura de novos clientes e novos mercados.

O Programa ReAcciona do Igape mantense aberto á presentación de solicitudes polas pemes galegas, ás que se lle facilitan servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades ao capital humano, co obxectivo de incorporar melloras consolidables na súa xestión.

26 de maio de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.