publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A ancla da fragata Asturias xa está visible á entrada da real vila de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Ancla situada á entrada de Neda

Ancla situada á entrada de Neda

A ancla da mítica fragata Asturias xa luce á entrada de Neda. Todo un símbolo dunha fragata que forma parte da historia de España. Da clase Baleares, estivo en servizo entre 1976 e 2009 e, entre outros hitos, foi o primeiro buque da Armada en integrarse nunha forza naval permanente da OTAN. Esa ancla forma parte agora da glorieta Armada española, unha entrada digna á real vila de Neda baixo o viaducto da autoestrada AP9. As obras de construción rematarán en cuestión de días, despois dun investimento de 27.000 euros que aporta na súa maior parte a Deputación provincial da Coruña.

Trátase dunha glorieta na súa acepción de cruce de camiños e simboliza a tradición mariñeira de Neda e a vinculación especial coa Armada -a través desa e doutra ancla que o Concello ten agora en depósito á espera da firma do convenio co Ministerio de Defensa que se asinará tras a cita electoral-. Pero tamén lembra os tres ríos de Neda-Belelle, Castro e Grande de Xubia-, representados nas cascadas de auga que baixarán tras cada ancla. O conxunto complétase cun murete instalado coa lenda REAL VILA DE NEDA e que delimita a zona axardinada e iluminación LED.

22 de maio de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.