publicidade hoxe

Vence vincula a causa contra o alcalde de Pontecesures a unha persecución do PP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontecesures
A-
A+
Europa Press

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, asegurou que a causa que se segue contra o alcalde de Pontecesures (Pontevedra), o nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira, por suposta malversación de caudais públicos, é unha “persecución a través da Xustiza do Partido Popular”.

Durante un acto de protesta en Vigo, ao ser cuestionado polos xornalistas acerca do xuízo que se celebra este mércores e xoves contra o rexedor e un operario municipal, Vence criticou que detrás de todo isto hai “un uso partisano da Xustiza por parte do Partido Popular”, o que vinculou as eleccións municipais.

“O que busca é sacar -o caso- agora de novo en campaña, cando foi arquivado xa tres veces a petición da Fiscalía, e a Fiscalía pide que se volva arquivar”, asegurou o voceiro nacionalista, “que concluíu que, polo tanto, non hai causa”.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Álvarez Angueira e o operario municipal serán xulgados por supostas irregularidades na facturación de gasóleo para un vehículo ao que o rexedor, segundo foi denunciado, lle daba uso particular.

O TSXG sinalou que o gasto por consumos “non xustificados” que se denuncia ascende a 6.800 euros. A acusación particular pide tres anos de prisión para cada un deles e dez de inhabilitación absoluta.

A pasada semana Vence manifestara que Álvarez Angueira non será o candidato do Bloque á Alcaldía deste municipio nas próximas eleccións despois de que “fose elixida outra candidatura”, a que encabeza o actual tenente de alcalde, Cecilia Tarela.

15 de abril de 2015 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.