publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

UPyD tamén comeza a descomporse en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaArteixoCulleredoFerrolGaliciaLocal PortadaNarónSada
A-
A+
Europa Press

Os candidatos de UPyD na Coruña, Arteixo, Culleredo e Ferrol, xunto aos de Narón e Sada, anunciaron a súa renuncia a optar á Alcaldía con esta formación e a súa intención de buscar “pactos” con Cidadáns. Nun comunicado, aseguran que, despois de reunirse con afiliados e simpatizantes da formación nos seus municipios, incorporaranse á plataforma ‘Encuentro’ “para tentar confluír con Cidadáns nas próximas eleccións municipais, coa intención de ofrecer aos cidadáns unha opción forte de centro na nosa aposta pola ‘terceira vía”.

Ademais, apelan á “importancia” de chegar a acordos “entre forzas afíns” co obxectivo “de sumar e ofrecer solucións aos problemas dos nosos concidadáns”, engaden.

“Acordos o máis axiña posible”

Por este motivo, indican que establecerán conversacións co partido de Albert Rivera “para tentar chegar a acordos o máis axiña posible”.

Por outra banda, o coordinador territorial de UPyD en Galicia, José Antonio de Lorenzo Pardo, convocou unha rolda de prensa para esta tarde na Coruña, segundo avanza na nota difundida aos medios de comunicación no que precisa que a convocatoria a fai “a título persoal”.

10 de abril de 2015 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.