publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa ferida nunha colisión en Paderne de Allariz e outra nun choque en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxePaderne de AllarizPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida nunha colisión rexistrada na mañá deste martes no municipio ourensano de Paderne de Allariz e outra nun choque acontecido en Laxe (A Coruña). Sobre as 9,00 horas tivo lugar unha colisión dun coche e unha furgoneta no quilómetro 11,5 da estrada OU-101 ao seu paso por Paderne de Allariz, segundo datos facilitados polo 112.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial, que trasladou a unha persoa ferida ao centro sanitario Cosaga, segundo indicaron fontes sanitarias. Pola súa banda, sobre as 8,45 horas deste martes sucedeu un choque entre un coche e unha moto na estrada de Laxe dirección Ponte do Porto, en Camariñas.

Se ben foi mobilizado o 061 nun primeiro momento, finalmente anulouse xa que, segundo indicou a Policía Local, a persoa que ía na motocicleta estaba ferida leve e non requiría ambulancia, polo que se trasladou polos seus medios a un centro sanitario

21 de abril de 2015 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.