publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa ferida na colisión dun tráiler e un turismo en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLalínPontecesuresPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este xoves a unha persoa que resultou ferida tras producirse unha colisión entre un turismo e un camión na N-550, na intersección coa PO-214, en Pontecesures (Pontevedra). O ferido, segundo informa o 112 nun comunicado, queixábase dunha forte dor na costas. Pola súa banda, a carga do camión -madeira- a penas sufriu danos malia o impacto.

ÁS 12,45 horas deste xoves, un particular contactó co persoal do centro de atención ás emerxencias de Galicia, que solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, GES de Valla e Protección Civil.

Por outra banda, en Lalín, en torno ás 16,30 horas, tres persoas resultaron feridas de carácter leve tras chocar dous turismos na rotonda na que conflúen as rúas Xosé Cuiña e Ramón Aller.

En Bergondo, na provincia de A Coruña, unha colisión entre tres vehículos, acontecida ás 15,50 horas deste xoves, saldouse tamén cun ferido.

30 de abril de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.