publicidade hoxe

Un total de 68 equipos participarán no III Torneo de Karate Concello de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFene
A-
A+

Un total de 68 equipos procedentes de 16 clubes tomarán parte este sábado, 2 de maio, na terceira edición do Torneo de Karate Concello de Fene. Unha cita organizada pola Concellería de Deportes e o Club Artes Marciais Fene. A competición desenvolveráse en horario de tarde, entre as catro e as sete do serán, no pavillón polideportivo municipal de A Xunqueira. Sobre ás 19 horas, o alcalde, Gumersindo Galego, presidirá a entrega de trofeos aos gañadores nas diferentes categorías: benxamín, alevín, infantil e xuvenil.

A maioría dos clubes participantes proceden de municipios da comarca, como Ferrol, Narón, Mugardos, Ortigueira, Ares, Cedeira e Neda, amáis do clube anfitrión, aínda que a cita tamén contará con presenza de entidades doutras vilas galegas como Negreira ou Santiago. Por categorías, a máis númerosa é a benxamín, con 20 equipos inscritos; seguida de alevín, con 19; infantil con 17 e xuvenil con 12. A concelleira de área, Rocío Bértoa, invita á veciñanza a secundar a cita e reeditar o éxito de público rexistrado nas edicións pasadas.

30 de abril de 2015 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.