publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio forestal calcina en Ortigueira 40 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueiraSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio coruñés de Ortigueira, na parroquia de Devesos. O lume iniciouse ás 21:15 horas de onte, domingo, e segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 40 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan 8 axentes forestais, 10 brigadas, 1 Grumir, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

6 de abril de 2015 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.