publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece tras quedar atrapado baixo o seu tractor en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home faleceu na noite deste domingo na localidade lucense de Guitiriz tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba nunha leira de Lugar de Vimieiro. Segundo informaron fontes do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 21.30 horas do domingo, cando o tractor co que o falecido realizaba labores agrícolas nunha leira envorcou de forma lateral.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil, do GES de Guitiriz e de Protección Civil de Vilalba, así como unha dotación de bombeiros do parque comarcal, que tivo que liberar o corpo do falecido, atrapado baixo o camión. Persoal sanitario certificou a súa morte no lugar do accidente.

6 de abril de 2015 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.