publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece nun accidente de tráfico en Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraFenePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 58 anos de idade faleceu este luns nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía e envorcar o vehículo que conducía no termo municipal de Cedeira (A Coruña). O sinistro tivo lugar sobre as 11,00 horas na estrada xeral, entre os quilómetros 5 e 6, á altura do lugar de Veciñeira, segundo informou o 112.

Tras o aviso dos servizos sanitarios e indicar que podía haber algunha persoa atrapada no interior do turismo, o persoal do 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Ferrol e ao GES de Ortigueira, que non chegaron a intervir tras confirmarse o falecemento do condutor e único ocupante do vehículo sinistrado.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia e un médico que, segundo sinalaron fontes sanitarias, confirmou o falecemento no lugar do home. Un dos alertantes indicou ao 112 que o vehículo quedou envorcado lateralmente e, unha vez estabilizado, entre os particulares que presenciaron o accidente sacaron á persoa do seu interior.

COLISIÓN MÚLTIPLE

Por outra banda, sobre as 11,00 horas sucedeu unha colisión múltiple na ponte das Pías, en Fene (A Coruña), que se saldou sen persoas feridas.

O 112 Galicia recibiu a alerta dun particular por unha colisión por alcance entre tres vehículos na ponte das Pías dirección Ferrol, á altura do municipio de Fene.

A pesar de que non houbo persoas feridas, os vehículos interromperon a circulación. Por iso, pediuse a intervención da Garda Civil de Tráfico, do GES de Mugardos e de Protección Civil de Fene e informouse ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

13 de abril de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.