publicidade hoxe

Últimos días para inscribirse nun curso teórico-práctico de fotografía da natureza en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame e a asociación fotográfica Olláparo organizan un curso teórico-práctico de fotografía na natureza, que se impartirá todos os sábados pola mañá en horario de 11:00 a 13:00 horas. O curso, que comezará a impartirse na Casa da Cultura de Lousame a partir do sábado 18 de abril, incluirá unha parte teórica combinada con sesións prácticas e saídas a distintos espazos naturais do municipio para poñer en práctica os coñecementos aprendidos. Os veciños e veciñas que estean interesados en participar, poden obter máis información e anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Lousame (981 820 494) ou no mail ollaparo@gmail.com.

14 de abril de 2015 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.