publicidade hoxe

Últimos días da exposición “La dama del pueblo de las flores” en Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

Última fin de semana para visitar a exposición “La dama del pueblo de las flores” coas pinturas de Ana Soler, os obis de Yano Yoro e os haikús de Francisca García Jáñez. Cadros, haikús e obis conforman esta visión xaponesa da vida cotidiá na que a pintura, a palabra e a sutileza danse a man. Acercarse a sala de exposicións do Faro Vilán en Camariñas é unha oportunidade para desfrutar de arte, inspiración e talento.

Será relevada a próxima semana pola exposición “Caderno do Mar” de clara inspiración mariñeira tanto nas pinturas do artista Antón Sobral como na poesía de Xaime Toxo. Ata o 30 de maio na sala de exposición do Faro Vilán de Camariñas.

24 de abril de 2015 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.