publicidade hoxe

Teo pecha a liquidación do orzamento cunha evolución positiva nos últimos tres anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo presenta a liquidación do orzamento do 2014, da que se dará conta no pleno do mes de abril, cun resultado orzamentario positivo de 563.657 euros. Trátase da diferencia entre ingresos e gastos que leva tres anos consecutivos arroxando datos positivos ao peche do orzamento.

Segundo destaca o alcalde de Teo, Martiño Noriega, “a liquidación do orzamento presenta unha mellora notable nos parámetros económicos máis importantes, e o que resulta aínda máis destacable, unha evolución positiva nos últimos anos”. Deste xeito no 2012 o resultado orzamentario foi de 909.195 euros, no 2013 baixou a 147.506 e neste último volve a superar o medio millón de euros.

Outros dos elementos que recolle o informe de intervención é o remanente de tesourería “que minorou nunha sexta parte do que había no 2011” destaca o rexedor. No 2012 foi xa de -1.578.118 euros, no 2013 a cifra quedou en -1.236.182 euros e neste ano baixou a -563.545 euros.

Noriega salienta que o tema económico “sempre é unha cuestión de moito debate máis as cifras oficiais avalan que todos os parámetros de saúde económica do Concello melloraron nesta lexislatura, aínda máis se os comparamos co 2007”. E eso “sendo capaces de pór en marcha servizos básicos e manter as conquistas sociais en materia cultural, educativa ou de servizos sociais” explica o alcalde de Teo. Unha xestión económica responsable “é a mellor garantía de que o Concello poderá seguir apostando polas conquistas sociais”.

Á vista da documentación de intervención tamén cabe destacar que o aforro neto é positivo e o nivel de endebedamento é do 24%, moi inferior ao límite establecido do 75% a partir do que non se poderían concertar novas operacións de préstamo. Nas conclusións do informe de intervención tamén se recolle que se cumpre coa estabilidade orzamentaria, coa regla de gasto e coa sostenibilidade financeira.

Acabo de asinar o expediente de liquidación do orzamento 2014 no Concello de Teo cun resultado orzamentario positivo (por terceiro ano consecutivo) en máis de medio millón de euros. O remanente negativo de tesourería minorou a unha sexta parte do que había no 2011 e cumprimos con todos os parámetros económicos. A maiores o volume de endebedamento é do 24% (o máis baixo dende hai moitos anos). Todo isto conseguiuse sen renunciar a políticas activas socioculturais e a infraestruturas necesarias.
Resumindo:
-Todos os parámetros da saúde económica do Concello melloraron nesta lexislatura (aínda máis se o comparamos co 2007)
-Non renunciamos as nosas conquistas.
-Estas datos son oficiais (servizo de intervención)
-Quero partillalos con vos para que diante de todo o que algúns din (ou dirán) da saúde económica do Concello nestas semanas pre-electorais, vos teñades os datos que eu teño sacados dos informes.Transparencia.

14 de abril de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.