publicidade hoxe

Teo conmemora a batalla de Cacheiras cun roteiro a pé

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Alumnos participantes no roteiro

Alumnos participantes no roteiro

Esta actividade entre os centros escolares vense facendo nos últimos anos por iniciativa das comunidades escolares e co acompañamento dos concellos de ambas localidades. Este roteiro lembra a loita entre os homes do comandante Solís que se levantaran en 1846 contra o goberno ditatorial que instaurara en Madrid o xeneral conservador Narváez e os homes de De la Concha que viña dende Madrid a repeler o levantamento militar en Galicia. Os coñecidos como mártires de Carral son os mandos da insurrección sofocada en Cacheiras, que foron fusilados o 26 de abril de 1846 nesa localidade coruñesa.

A ruta comezou na igrexa de Bamonde, onde o centenar de rapaces e rapazas que percorreron a ruta, estiveron acompañado polo alcalde, Martiño Noriega, e mais polo concelleiro de Xuventude, Xurxo Francos e a concelleira de Educación de Carral, Florinda Duarte, ademais de mestres dos centros de Carral e Cacheiras, cos que repasaron os acontecementos que tiveron lugar nese lugal no ano 46. 

A xornada rematou cunha ofrenda floral ao pé do monumento conmemorativo instalado no contorno do Hotel Congreso en Montouto.

23 de abril de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.