publicidade hoxe

Soutomaior acolle a X Ruta Turística de Coches Clásicos e Antigos “A Lanzada”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Peirao de Arcade converterase de novo mañá nun referente para os amantes do motor grazas á X Ruta Turística de Coches Clásicos e Antigos “A Lanzada”. Un encontro de dous días que encherá as estradas dos concellos de Soutomaior e Ribadumia de Seat 600, Citröen 2cv, Renault 4 e moitos outros modelos, cheos de recordos e de historias.

A concentración comezará ás 16:00 horas na chaira do Peirao de Arcade. Unha vez alí, os condutores exporán os seus vehículos ante todos os asistentes ata as 18:00 horas. Nese momento a caravana de coches clásicos tomará forma e partirá cara ao Castelo de Soutomaior, onde os condutores e amigos gozarán dunha visita guiada por todo o recinto e dunha tarde entre amigos e amantes dos coches clásicos.

A xornada do domingo será, como todos os anos, en horario de mañá. Ás 11:00 da mañá a caravana de coches antigos desprazarase ata o xacemento arqueolóxico do Monte do Castro en Ribadumia. Despois dun pequeno paseo a pé desde os castros ata a adega Santiago Roma, os participantes gozarán da contorna castrexo até a unha do mediodía, hora da tradicional comida de confraternización e entrega de recordos aos asistentes.

24 de abril de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.