publicidade hoxe

Sober celebra o día 25 de abril a XVI Festa dos Avós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober celebrará o vindeiro sábado día 25 de abril a XVI Festa dos Avós. O evento dará comezo ás 13.30 horas no Pavillón do Colexio Virxe do Carme. O prezo será de dez euros para empadroados e 20 para non empadroados. A celebración incluirá unha misa, un xantar, unha actuación musical, así como a entrega de agasallos a todos e todas os asistentes doados polos comercios da Comarca.

O menú estará composto por empanada, polbo, carne asada con patacas, sobremesa, café e bebidas. Os interesados en participar deben confirmar asistencia antes do 23 de abril nos teléfonos 982460001 ou 982460513. Tamén é posible anotarse no Concello.

Autobuses gratuítos

O Goberno local habilita autobuses gratuítos para o desprazamento dos asistentes. Os percorridos serán os seguintes:

12:00 horas. Francos de Doade-Mourentán. 12:15 horas. Santa Cruz-Campo de Bulso-Sante. 12:30 horas. Gundivós-Liñarán. 12:45 horas. Campoverde-Vastro de Liñarán-Castroseiros-Viloudriz-Neiras-Vacariza e Telleiros.

12:15 horas. Doade-Vilachá. 12:20 horas. Amandi-Lobios. 12:25 horas. Pinol. 12:30 horas. Cruce de Santiorxo-Barreiros-Barantes. 12:45 horas. Pinar de Bolmente-Santa Marta-Figueroá. 12:50 horas. Carqueixa e Proendos.

12:30 horas. Cruce de Naz-Peixón. 12:35 horas. Ferroños-Matamá. 12:40 horas. Arxemil. 12:45 horas. Anllo-Portizó. 12:50 horas. Lama dos Campos-Rosende. 13:00 horas. Vilaescura-Moreda-Moradela. 13:10 horas. Canabal-Camporrairo-Sistindomato.

11 de abril de 2015 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.