publicidade hoxe

Sober acolle un taller práctico de formación en prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober promove un taller práctico de formación en prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas. O curso está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible.

O número de prazas será de 25 para unha actividade de carácter presencial que se desenvolverá na Casa da Cultura de Sober o 9 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O taller está destinado a persoas traballadoras e profesionais maiores de idade ocupadas ou desempregadas do sector vitivinícola, adegueiros e viticultores. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o día 2 de xuño no Concello de Sober ou ben no enderezo electrónico ana.mosquera@eira-tec.com ou desenvolvementorural.issga@xunta.es.

O taller é gratuíto e leva consigo a expedición dun título oficial acreditativo, obrigatorio para xustificar a formación no ámbito de prevención de riscos laborais, tanto para autónomos como para empregados por conta allea. Contará cunha parte teórica e outra práctica, que vai consistir na visita a unha adega.

Os interesados poden obter máis información nos teléfonos: 652993031 e 981587731 e na web http://issga.xunta.es/portal/index.html.

9 de abril de 2015 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.