publicidade hoxe

Santiso cambiará a cuberta dos polideportivos municipais cunha axuda de 165.000 euros da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiso
A-
A+

O Pleno provincial aprobou o pasado venres un convenio de colaboración co Concello de Santiso polo cal o goberno local recibirá 165.206,94 euros para renovar as cubertas dos seus polideportivos municipais en Visantoña.

En concreto, vaise substituír o tellado do recinto sito en Visantoña e no Agro do Chao que pasarán a ter chapa de aceiro, prelacada de cara ao exterior e galvanizada no interior. Tamén se colocarán placas de poliéster reforzado e translúcido, co obxecto de que proporcionen luz natural durante as horas do día.

A obra completarase coa reposición de baixantes e caleiros de pvc. O custe total do proxecto ascende a 171.205,56, dos que a Deputación da Coruña financiará o 80%.

6 de abril de 2015 | 20:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.