publicidade hoxe

Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:
 
Xoves 9 de abril

12.30 h – Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo.INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: INTROVISIÓNS DO ALUMNADO DE FOTOGRAFÍA DO IES VIRXE DO MAR DE NOIA Do 9 ao 25 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de fotografía Introvisións realizada polo alumnado do Ciclo Medio de Imaxe do IES Virxe do Mar de Noia. A inauguración terá lugar o vindeiro xoves 9 de abril, ás 12.30 horas, e estarán presentes Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo así como tamén o alumnado do Ciclo.

18.00 h – Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo. VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN A MÚSICA DE RIANXO NA BELLE EPOQUE DA AULA DE CULTURA MUSICAL DA GALIZA DA UNED SENIOR

Venres 10 de abril

17.00 h – Campo de Arriba Rianxo. SACHOS Á RÚA: FEIRA LABREGA E ARTESANA. A partir das 17.00 horas, no Campo de Arriba en Rianxo organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza terá lugar Sachos a Rúa: feira labrega e artesana de Rianxo

Sábado 11 de abril

A partir das 18.00 horas – Diferentes lugares de Rianxo. DÍA DA REPÚBLICA EN RIANXO POLA COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA BARBANZA. O vindeiro sábado 11 de abril, a partir das 18.00 horas, terán lugar en Rianxo unha serie de actos para conmemorar o Día da República organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza.

20.30 h – Auditorio de Rianxo. CONCERTO: AULA DE CLARINETE DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. A aula de clarinete da Escola de Música de Rianxo realizará un concerto o vindeiro sábado 11 de abril ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo

22.00 h – Bar Atalaia (Asados). 2ª FASE DO II TORNEO DE POESÍA ERÓTICA RECITADA FERVE A LINGUA. O sábado 11 de abril, ás 22:00 horas, no Bar Atalaia en Asados terá lugar a 2ª Fase do Torneo de Poesía Erótica Recitada Ferve a Lingua. Nesta ocasión acompañará a fase, a poetisa Celia Parra con Cocíñame, un recetario erótico-culinario

9 de abril de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.