publicidade hoxe

Preto de 220 patinadores mostrarán mañá as súas habilidades en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O pavillón de “O Espiño” acolle mañá domingo, a 16ª edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística, organizada polo Concello de Carral e o club de patinaxe “Alquimia”. Comezará ao redor das 17.00 h e prolongarase até as 19.30 h.               

Nesta xa clásica cita deportiva, os 9 grupos participantes serán o club Anca (Lugo), o club Conxuro (Laracha), o club Raiola (Ferrol), o CEIP Emilio González López de Brexo Lema (Cambre), o CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás (Cambre), a escola Lubiáns (Carballo), o club Patiart (Coristanco), o club Alquimia e a Escola Deportiva Municipal de Carral, que reunirán a uns 220 patinadores de todas as idades.

Ao termo da exhibición, o concelleiro de deportes fará entrega a todos os participantes dunha medalla e un diploma conmemorativo do certame.

11 de abril de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.