publicidade hoxe

Posta a punto en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O programa de Posta a Punto do Concello de Vedra ofrece dúas novas propostas. Por un lado, está a masterclass “Fitness Dance” prevista para o venres 17 de abril, ás 20.00 h. no Centro Social de Vedra e; por outra banda unha sesión de multiaventura no “Ecoparque de Marín” que se realizará o sábado 18 de abril. Esta última ten un prezo de 25 euros pois inclúe o transporte, o circuito, seguro de accidentes e unha visita pola zona. Neste caso terán prioridade a mocidade con idades entre 14 e 35 anos (no caso de menores será precisa autorización).

Para inscribirse en calquera das dúas propostas os interesados deberán chamar ao 981 81 46 91 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.com

8 de abril de 2015 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.