publicidade hoxe

Os xoves en Viveiro son de “Juepeo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir do mes de maio os Xoves de tapas. Baixo o nome de “Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo” serán 9 locais do Centro Histórico os que ofrecerán todos os xoves unha tapa ao prezo de 1,50€. Trátase dunha campaña que se alargará durante varios meses ao ano, arríncase en maio e xuño e retomarase á volta do verán.

Os locais participantes son Mesón A Baiuca, Mesón A Praciña, Belle Epoque, Mesón Imperial, Bar A Prata, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho e O Recuncho do Tronco.

No mes de maio sortearanse entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locais participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar é moi simple, con cada tapa entrégaselle ao cliente un cartón para que vote do 1 ao 10 que lle pareceu, cobre os seus datos e deposítaos na urna que haberá habilitada en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar. Cada mes iranse cambiando os premios e haberá algunha sorpresa máis.

Para o mes de maio arrincamos con:

MESON A BAIUCA

TOSTA DE ZAMBURIÑAS

MESON A PRACIÑA

ROL DE AVE CON VERDURAS

BELLE EPOQUE

MINIFILETE BELLE EPOQUE

MESÓN IMPERIAL

POLBO IMPERIAL

BAR A PRATA

CHOURIZO Á POMAROLA

REST. CASA PEPI

ARROZ NEGRO CON SEPIA

BAR NORMANDY

ESCALOPÍNS AO ROQUEFORT

MESÓN O RECUNCHO

TOSTA DE PATÉ

O RINCON DO TRONCO

ROLOS DE MAR E CAMPO

O obxectivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do Centro Histórico, e que mellor que ofrecerlle aos clientes unhas boas e variadas tapas a un prezo moi alcanzable.           

30 de abril de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.