publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os veciños dos concellos de Curtis e Aranga compartirán o uso das instalacións deportivas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArangaCurtis
A-
A+

Os veciños do Concello de Aranga poden utilizar desde este mes as instalacións deportivas municipais de Curtis abonando as mesmas tarifas que se estivesen empadroados nese concello, e a mesma vantaxe terán os veciños curtienses que queiran facer uso das instalacións de Aranga.

As instalacións titularidade do Concello de Curtis son dous ximnasios municipais, dúas piscinas descubertas, dous pavillóns polideportivos, dous campos de fútbol, un de herba artificial e outro de herba natural, e pistas de pádel e tenis en Curtis e Teixeiro. Pola súa banda, Aranga, ten un pavillón e un campo de fútbol.

Este acordo de agrupación de servizos, asinado o mes pasado polos alcaldes de ambos os concellos, Javier Caínzos e Alberto Pratas, terá un ano de duración, que poderá ser prorrogable. Con este convenio quérese non só axudar á sustentabilidade destas instalacións senón tamén facilitar a práctica de deporte a moitos veciños que, por proximidade xeográfica, quedan máis preto as instalacións do outro municipio.

9 de abril de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.