publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os veciños de Mañón visitarán o complexo medioambiental de Sogama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+

O Concello de Mañón organiza unha excursión o vindeiro 17 de abril ao complexo medioambiental de Sogama en Cerceda. Contará cun percorrido guiado coas explicacións de técnicos ambientais polas distintas instalacións que conforman a infraestrutura industrial.

Contarase cun xantar reservado para o grupo nun restaurante da zona, un menú composto por primeiro e segundo prato, bebida, sobremesa e café a 12 euros.

Na excursión tamén se visitará a Torre de Hércules na Coruña. Unha visita guiada polo faro romano que é patrimonio da humanidade e incluirá explicacións no Centro de Interpretación e Atención ao Visitante, do entorno do monumento, no parque escultórico e no interior da torre.

A última parada será no Castelo de San Antón, no museo arqueolóxico e histórico da Coruña. Unha visita pola antiga fortaleza construída no século XVI e onde se expoñen pezas prehistóricas  e históricas relacionadas co castelo, a cidade e Galicia.

Prezo: 15 € xantar + entradas ás visitas guiadas. Bus de balde.

Inscricións: ata o martes 14 de abril nas oficinas do Concello, na Omix, no correo omixmanon@yahoo.es ou no teléfono 981 41 40 02 indicando nome completo e número de contacto.

Prazas: mínimo de 20 e máximo de 50 persoas. Para maiores de idade. Consultar puntos de saída e horarios.

6 de abril de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.