publicidade hoxe

Os beneficiados pola parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos poderán tomar posesión das fincas de reemplazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOza/Cesuras
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o aviso polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas da concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos, no concello coruñés de Oza-Cesuras.

Esta concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 6.043 parcelas a 1.673, pertencentes a 749 propietarios. Dende o inicio da mesma, lévanse investido case 3,4 millóns de euros que, na súa meirande parte, se destinaron á execución da rede de camiños e ao acondicionamento das novas fincas.

Con este anuncio dáse un paso máis no proceso concentrador e ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar as novas fincas resultantes do proceso de reorganización. Deste xeito, a Xunta contribúe a modernizar as explotacións, a mellorar os accesos ás novas fincas e aumentar o valor da base territorial.

A partir da toma de posesión e no prazo de 60 días, os adxudicatarios van poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural e Mar na Coruña, no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

21 de abril de 2015 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.