publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Oito persoas resultan feridas tras unha colisión entre tres vehículos no concello ourensano da Rúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+

Un total de oito persoas, entre elas tres menores, resultaron feridas nunha colisión múltiple con tres vehículos implicados no Concello ourensano da Rúa. En concreto, o accidente tivo lugar na N-120, no punto quilométrico 469.

   Segundo informou o CAE 112 Galicia, foron varios particulares os que, minutos despois das 17,00 horas, alertaron do accidente os servizos de emerxencias.

   Debido ao impacto, unha das persoas, un home de 64 anos de idade e identidade R.P.A, quedou atrapado nun dos turismos, polo que tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Valdeorras (Ourense), segundo precisou o CAE 112.

   Posteriormente, conforme precisaron fontes sanitarias, foi evacuado en helicóptero medicalizado ao Hospital Nosa Señora do Cristal de Ourense. O seu estado reviste gravidade.

SETE FERIDOS MÁIS

   Pola súa banda, as outras sete persoas feridas de diversa consideración son catro homes de entre 35 e 59 anos, así como tres menores. Catro deles foron trasladados ao Hospital do Barco de Valdeorras e os tres restantes ao PAC deste municipio

   Deste modo, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a intervención do parque comarcal, de Urxencias Médicas, de Protección Civil da Rúa e da Garda Civil de Tráfico.

   Ademais, informouse do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) por se fose necesaria a súa colaboración.

6 de abril de 2015 | 00:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.