publicidade hoxe

O PSOE sostén que o alcalde de Miño repite erros do pasado en Sombreu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

“Jesús Veiga non aprendeu nada dos casos Fadesa e Piñeiro”, sostén Manuel V. Faraldo. O portavoz e candidato socialista no Concello de Miño critica que o alcalde do municipio só pense “en construír á conta do que sexa, sen respectar nin ao medio ambiente, nin aos veciños afectados e ademais actúa sen transparencia”. Desde o PSOE de Miño sostense que todos os veciños afectados por unha actuación deben ser informados e tidos en conta pola administración pública como é o caso do Concello.

Os socialistas de Miño critican que o alcalde, en lugar de velar polos cidadáns miñenses, volva actuar de costas ao pobo e con escasa transparencia. Veiga non foi capaz de aprender dos erros do pasado, a pesar de que as consecuencias están a ser evidentes en Miño e hipotecaron os recursos do municipio. Tramítanse novos proxectos, co ladrillo como protagonista, sen ter presente as equivocacións que levaron ao municipio á situación actual.

No caso de Sombreu unha vez máis a Xunta de Galicia, esta vez a Consellería de Medio Ambiente, pon peros a unha actuación urbanística, saíndo en defensa dun territorio que ademais forma parte da reserva da biosfera. Doutra banda, desde a administración rexional tamén se pon en corentena que a actuación non interfira co POL (Plan do Litoral).

7 de abril de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.