publicidade hoxe

O programa “Ler conta moito” propón en Monforte unha nova actividade para o Día do Libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este xoves día 23 de abril continuarán as actividades do programa “Ler conta moito”, promovido pola Consellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas.

Ás 18:00 h na Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro, rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos de idade poderán participar nun obradoiro conducido por Elena Mª Carracedo e que leva por nome Marcapáxinas-Lupa no Día do Libro.

As prazas para participar neste obradoiro son limitadas e requírese inscrición previa na Biblioteca Municipal.

As diversas actividades e obradoiros que inclúe o programa “Ler conta moito”, organizadas polo concello de Monforte e a Xunta de Galicia, desenvolveranse en diferentes locais da Biblioteca Municipal e da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Marcapáxinas-Lupa no Día do Libro é a segunda das actividades do programa “Ler conta moito”, que comezou o pasado día 31 de marzo e do que aínda quedarán outras tres citas:

– 21 de maio: Imos Xogar con Xosé Filgueira (nenos/as de 4 a 12 anos)

– 24 de setembro: Leo Leiño (nenos/as de tres anos en adiante)

– 22 de outubro: Contos do Mundo (nenos/as de 5 a 10 anos)

20 de abril de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.