publicidade hoxe

O Premio Trapeiro de Honra 2014 xa ten ao encargado da entrega e ao seu receptor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O Premio Trapeiro de Honra 2014, creado polo proxecto Os Vilares, lareira de soños, xa ten ao encargado da entrega e ao seu receptor.
Como saben o premio na súa primeira edición foi concedido a título póstumo a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO no ano no que se adicou o Día das Letras Galegas e como recoñecemento da parroquia natal ao seu máximo expoñente.

Tendo en conta que este ano é o dos 25 do seu pasamento, escollimos para facer entrega do premio ao neto do trapeiro máis famoso desta parroquia con historia farrapeira, Luís de Patricio, o neto do señor Pedro, protagonista dun romance da poeta Marica Campo musicado por encargo do noso proxecto polo grupo Fuxan os Ventos e como receptor Alfonso Blanco Torrado, depositario do legado de Díaz Castro a través da A.C.Xermolos e grande dinamizador cultural da Chaira.

O premio, un lenzo co logo dos Vilares de fondo o nome do premiado e de carácter simbólico como recoñecemento a figuras e entidades da parroquia ou que teñan traballado por ela, quedará depositado na Casa das Palabras de Guitiriz con outro material relativo ao noso poeta.

Unha entrega pois cargado de simbolismo, ao igual que o premio e que comunicaremos previamente. Nesa entrega, anunciaron o premiado do 2015.

1 de abril de 2015 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.