publicidade hoxe

O PP de Salceda acusa ao bipartito de deixar de recibir 51.000 euros dunha subvención do Inega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

As arcas municipais de Salceda de Caselas terán que soportar un novo desembolso co que non se contaba e, unha vez máis, “por culpa da mala xestión do Bipartito”, subliña o presidente dos populares e concelleiro Santiago Rodríguez Davila, candidato á Alcaldía. O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vén de denegar ao Concello a axuda concedida para as actuacións a desenvolver no municipio dentro do programa de renovación de iluminación pública exterior co obxectivo de impulsar o aforro e a eficiencia enerxética.

A axuda recibida sería de 51.000 euros “pero o concello modificou as actuacións obxecto da solicitude sen solicitar o cambio tal e como se establece nas bases reguladoras, e como se indica no comunicado do INEGA <<os datos que figuran na memoria técnica non se corresponden cos datos que figuran na documentación técnica do fabricante, así o fluxo luminosos dos equipos led de MoonOff que figura nas fichas técnicas non se corresponden co fluxo luminoso da documentación técnica e tampouco se achegan os estudos lumínicos que xustifiquen os valores indicados como establecen as bases e a memoria técnica>>”, explica Rodríguez Davila.

Na solicitude, o Concello de Salceda xustificou un aforro por economía de escala nos equipos de led de Setga que instalaban tamén os concellos de Mondariz Balneario, Mos e Ponteareas. Pero no momento que o Concello de Salceda instalou no lugar dos equipos previstos, os equipos doutra marca (MoonOff) este debería achegar unha nova memoria de aforro en cumprimento das bases e non o fixo, pois a memoria que presentou non xustifica o aforro segundo se establecen nas bases e ademais está asinada polo alcalde en lugar de por un técnico.

Así mesmo, durante a visita ás instalacións comprobouse que os puntos de luz instalados en luminarias non cumpren cos requisitos técnicos mínimos.

Dende o Concello, o alcalde emitiu un recurso co obxectivo de recibir os 51.000 euros destinados a esta actuación pero, “tendo en conta todo o exposto no expediente emitido polo INEGA no que se comproba que non se cumpriron as bases reguladoras da subvención, pasándose todo por alto e facendo do xeito que quixeron o alcalde e a empresa amiga encargada de executar o traballo, é de entender que desestime o recurso, o que supón unha nova perda de cartos causada pola reiterada irresponsabilidade e mala xestión do Bipartito non adscritos-Psoe”, conclúe Rodríguez Davila.

 

29 de abril de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.