publicidade hoxe

O Goberno de Arzúa recibe as felicitacións da Deputación pola súa boa xestión económica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúa pechaba o pasado exercizo económico de 2014 cun saldo positivo que agora investirá no arranxo de diversas pistas parroquiais. O botraballo do goberno municipal, que preside José Luis García, permitirá que no vindeiro pleno se aprobenactuacións por importe de algo máis de 174.000 euros que serán executadasnasvindeiras datas e que darán respostaás necesidades achegadas polos veciños e veciñas de Arzúa, seguindo así a liña de traballo que se véndesenvolvendoao longo destes últimos catro anos.

Con este orzamento, que se conseguiugrazas a unha meticulosa e coidadaxestión do goberno local, acondicionarase o interior de Rourís e tamén a pista que conduce dende este núcleo ao lugar de Sesar; arrranxaraseunha pista en Vilantime e outra no lugar de Seixas en Santa María, parroquia na que tamén se mellorará o camiño que vai do Viso a Casaldoeiro. Está previsto tamén o acondicionamentodun tramo do Camiño de Santiago en Boente e o arranxo da pista situada por detrás da Cooperativa.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, destacaba esta mañá a importancia destas obras que “se executarán nos vindeiros meses, o máisaxiña posible para así dar unharespostaáspeticións e necesidades que a diario nos plantexan os nososveciños”, todas as actuacións responden a peticiónscidadáns e pódense levar a cabo grazas “a un arduo traballo e unha impecable xestión económica do nosogoberno”.

OS PARABÉNS DA DEPUTACIÓN

Non é só o alcalde de Arzúa, José Luis García, quen se congratula da boa situación económica que atravesan as arcas municipais, senón que o traballo do goberno municipal en materia económica e financieirataménfoi valorado moi positivamente polaDeputación Provincial da Coruña. O organismo provincial vén de remitir un estudo económico ao Concello de Arzúa no que recolleunha serie de conclusións referidas aosdousprimeiros anos de goberno do actual alcalde.

Salienta o informe que, á vista das principais magnitudes económico- financieiras, todos os resultados analizados son positivos poñendo de manifestounha situación moi saneada. Os indicadores de tesoureríamelloran e o Concello presenta unha solvencia a curto prazo e unha liquidez moi aceptables.

Respecto aos indicadores de recaudación de ingresos e pago de gastos correntesámbolosdousacadanuns resultados moi positivos, o que denota unha alta capacidade de xestión, ca transformación en liquidez dos dereitosrecoñecidos e un alto grao de cumprimentona atención das súasobrigas, cunsprazos de pago por debaixo do esixidopola normativa en vigor. De feito, do último informe trimestral de pago a proveedores que se elaborou por técnicos municipaissalienta o feito de que son 23 os días de media que tarda o concello en pagar aos proveedores cando o resto das administracións públicas tardan case tres veces máis dos 30 días que marca a lei.

Así mesmo, os índices de liquidación con respecto aos valores medios dos concellos do seu tramo de poboación están por riba da media nos principais capítulos de ingresos correntes, polo que se pon de manifestoquenesta área estase a facer o necesario para conseguir a sustentabilidadefinancieira do Concello. Todas estas actuaciónsprodúcense simultáneamente a unha política de reducción do endebedamento que nestes momentos se sitúa nun índice por debaixo da media dos concellos do seu tramo de poboación.

Finaliza o informe felicitando ao alcalde polo seubotraballo: “Non queda máis que dar os parabénspolasúaxestión”.

13 de abril de 2015 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.