publicidade hoxe

O escaparate da artesanía galega estará estes días na XXV Mostra do Encaixe de Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasLocal Portada
A-
A+
Sol Vázquez na inauguración da mostra

Sol Vázquez na inauguración da mostra

A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Sol Vázquez Abeal, salientou esta tarde na inauguración da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas a relevancia deste encontro como referente de dinamización do sector artesán galego, así como escaparate da marca Artesanía de Galicia.

Camariñas é clave no papel que xoga a artesanía como atractivo diferenciador da oferta turística de Galicia e como vehículo para proxectar a imaxe de Galicia no exterior. A Mostra, que cumpre nesta edición 25 anos, está a consolidarse como punto de encontro para emprendedores artesáns, apostando pola innovación sen perder as raíces e os valores que caracterizan ao produto artesán galego.

Nesta edición a Mostra do Encaixe de Camariñas conta coa participación de doce delegacións internacionais procedentes de Alemaña, Brasil, Bélxica, Bulgaria, Estonia, Francia, Italia, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suíza. O programa de actividades inclúe diferentes desfiles coas creacións de trinta deseñadores noveis e a colaboración de firmas de moda de recoñecido prestixio como Lorenzo Caprile, Devota & Lomba ou Franco Quintáns, entre outros.

Ademais do encaixe, nesta Mostra, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, pódense atopar outros oficios da artesanía galega grazas aos puntos de venda de artesáns xoieiros, téxtiles, do vidro e de bixutería. Artesanía de Galicia conta cun espazo propio para a promoción da marca e do sector artesán.

1 de abril de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.