publicidade hoxe

O DOG publica a licitación da segunda fase das obras de mellora nas estacións de autobuses do Grove e Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaO Grove
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a segunda fase das obras de mellora de accesibilidade, instalacións e sistemas de información das estacións de autobuses do Grove e Lalín.

A presentación das ofertas rematará pasados 26 días naturais contados desde o día seguinte da súa publicación no DOG. Este contrato ten como obxectivo mellorar e modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

Na estación de Lalín, repararanse as infiltracións de auga procedentes da cuberta, polo que se levará a cabo a súa reposición. Así mesmo, arranxarase o muro existente na zona de andéns e que limita á estación coas parcelas contiguas, polo que se demolera parte do muro vello e, como acabado, proponse o pintado do muro na súa integridade e en ambas caras, previo enfoscado con mortero de cemento na zona a refacer.

No caso do Grove, levaranse a cabo as melloras na accesibilidade que consistirán na reparación de bordillos e rampas na zona de andéns, co que se incluirá unha nova praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, así como sinais verticais e horizontais. Así mesmo, realizaranse melloras nas instalacións, co que se cambiarán os canalóns e baixantes, polo que se reporá o material en mal estado, respectando calidades e dotando de mellores condicións funcionais a instalación.

Por outra banda, repararanse humidades en distintas zonas, incluíndose a mellora da impermeabilización da cuberta e o falso teito. Ademais, de arranxar as carpinterías exteriores.

Plan Renove

Coa finalidade de fomentar o uso do transporte público, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lanzou o Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia que contempla a mellora e modernización da rede destas infraestruturas de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

O Plan Renove parte dunha auditoría técnica previa efectuada pola Dirección Xeral de Mobilidade a cada unha das estacións de autobuses das que é titular, co obxectivo de avaliar o estado de conservación das instalacións. Neste análise constátase que as deficiencias das estacións de autobuses se deben, con frecuencia, a unha deficiente conservación e mantemento das instalacións.

O plan finánciase con cargo ao Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que dentro dos seus obxectivos estratéxicos pretende reforzar o desenvolvemento das infraestruturas ambientais e de transportes.

8 de abril de 2015 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.