publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dun turismo resulta ferido tras chocar con dous camións na AP-9 en Portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaPortasSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dun turismo foi evacuado na mañá deste mércores tras chocar con dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso polo termo municipal de Portas (Pontevedra). Segundo informou o 112, o sinistro tivo lugar sobre as 7,00 horas deste mércores ao chocar un turismo e dous camións cando circulaban polo quilómetro 113,5 da AP-9 sentido Santiago.

Foi un particular o que alertou do sinistro ao CAE 112 Galicia e indicou que os tráilers implicados interrompían a circulación da autoestrada.

O persoal do 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias, dos axentes da Guardia Civil de Tráfico, do GES de Valga e Protección Civil de Portas. Tamén foi informado o servizo de limpeza e mantemento da vía.

Ao lugar, o 061 desprazou, segundo sinalaron fontes sanitarias, unha ambulancia medicalizada que levou ao Hospital Domínguez, en Pontevedra, ao home M.H.M., de 43 anos

8 de abril de 2015 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.