publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda instala cinco novos puntos de luz nas parroquias de Anca e Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello procedeu nos últimos días á instalación de cinco novos puntos de luz nas parroquias de Anca e de Santa María. Cinco novos puntos de luz solicitados todos eles polos veciños e veciñas das zonas sinaladas. Deste xeito, amplíase a rede de alumbrado público despois dun investimento de 5.800 euros. En concreto, 1.500 euros para a colocación de dous puntos nos Galanos e 4.300 no Puntal.

Así mesmo, o Concello informa de que operarios municipais procederon estes días á reposición dos asentos de madeira dos bancos ubicados no parque infantil do Galeón, na zona de Subarreiros, despois de que fosen obxecto de actos vandálicos. Actos que obrigaron á Administración local a encargar a adquisición dos materiais, co conseguinte gasto para as arcas municipais.

8 de abril de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.