publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda instala as primeiras farolas solares na pasarela sobre o río Belelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Farolas instaladas

Farolas instaladas

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou esta mañá de que o Concello vén de instalar as primeiras farolas solares no municipio. Están emprazadas na recén construída pasarela sobre o río Belelle, na zona de Subarreiros, e a súa adquisición, por valor de 6.000 euros, financiouse con cargo a unha subvención. Este tipo de tecnoloxía, destaca o rexidor, permite un aforro económico considerable respecto ao alumbrado tradicional, ademáis de ser completamente respectuosa co medio ambiente, polo que esta é a liña a seguir para futuras intervencións.

Trátase da última actuación levada a cabo neste espazo, aínda que non será a última. Tras a construcción da pasarela cunha achega da Deputación provincial, e o acondicionamento dunha senda de acceso tanto a esta infraestructura como ao parque infantil e á piscina municipal ubicados no entorno, o Concello reparaba recentemente o mobiliario urbano da zona de xogos, despois de que fose obxecto de actos vandálicos. Ademáis, recentemente, a Demarcación de Costas, administración competente neste espazo, autorizaba ao Concello de Neda a proceder á retirada da balaustrada que delimita o paseo nunha das marxes, moi deteriorada polo paso do tempo, e sustituíla por outra máis acorde co entorno.

28 de abril de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.