publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda entregará a Arraigo o I Premio da Concordia Adolfo Suárez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, presidirá este venres, 10 de abril, o acto de entrega do Premio da Concordia e a Solidariedade Adolfo Suárez que nesta primeira edición, recaeu na asociación Arraigo. A súa presidenta, Carmen Rey, será a encargada de recoller o galardón nunha cita que se celebrará na Casa das Palmeiras, a partires das oito do serán, con entrada libre. Precisamente, o rexidor invitaba a veciños e visitantes a secundar o acto coa súa presenza.

O programa iniciaráse coa intervención da concelleira de Cultura, Eva Olmo, que dará lectura da acta na que se recolle o fallo do xurado. De seguido, tomará a palabra Nona Inés Vilariño, profesora e diputada no Congreso pola circunscripción da Coruña na Lexislatura Constituínte e primeira, unha das figuras políticas máis relevantes da historia recente e compañeira de filas de Adolfo Suárez na UCD. Será a encargada de lembrar a figura do ex presidente do Goberno, cuxo exemplo pretende lembrar e pór en valor o galardón creado polo Concello de Neda.

Un premio que busca recoñecer a persoas ou institucións que se teñan distinguido pola súa adicación, de forma altruista e positiva, á promoción e apoio aos demáis e cuxa labor contribúa de forma significativa á defensa dos dereitos humanos, ao fomento da paz, da liberdade, da solidariedade e, en xeral, ao progreso da humanidade. Principios que cumpre perfectamente Arraigo, unha entidade que nacía no ano 2012 para prestar axuda a persoas en risco de exclusión social. Será a súa presidenta, Carmen Rey, quen fale en nome da entidade e recolla o cheque, por valor de 1.000 euros, no que está establecida a dotación económica do premio.

Por último, pechará o acto o alcalde e, como broche final, os asistentes poderán disfrutar dunha actuación do dúo de violín e viola formado por Enrique Agrelo Otero e José Antonio Folgueiras López.

7 de abril de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.