publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda aproba a segregación da parcela que alberga o centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou esta mañá que o Concello vén de dar o último e definitivo paso para que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, asuma a titularidade do Centro de Saúde do municipio e, deste xeito, libere ao Concello dos gastos de mantenemento que, cada ano, soportan as arcas locais. Así, a pasada semana, a corporación aprobaba en pleno a segregación da parcela na que se ubican as instalacións sanitarias. Foi un novo e último requerimento trasladado polo Sergas, despois de que o alcalde iniciase as negociacións para a cesión xa en 2009.

Ese acordo plenario trasladouse esta mesma semana á Xunta, co que o rexidor confía en que agora a Administración autonómica aprobe ese cambio de titularidade solicitado dende hai tempo. Facilitaríanse así actuacións de gran calado no centro de saúde que, por imposibilidades orzamentarias, o Concello non pode asumir e, por outra parte, a propia Administración local veríase liberada duns gastos anuais que poderían destinarse a outras finalidades de carácter social.

6 de abril de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.