publicidade hoxe

O Concello de Fene conclúe obras de aglomerado e saneamento nas parroquias de Limodre e Sillobre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene vén de concluír as obras de acondicionamento dos camiños do Campanario e de Almieiras, na parroquia de Limodre, e de mellora do viario e saneamento no núcleo de Orra, en Sillobre. No primeiro caso, as actuacións contaron cun orzamento de 38.762 e 84.754 euros respectivamente, e consistiron na limpeza de cunetas, rebacheo e aglomerado das vías. Deste xeito, pretendíase dar solución ao avanzado estado de deterioro de ambos camiños, emprazados en Limodre e derivado do seu uso. Intervencións que viñan reclamando os residentes na zona.

En canto á intervención levada a cabo en Orra, o Concello investiu uns 107.000 euros e, mediante ela, mellorouse o pavimento de formigón, moi deteriorado, e executáronse traballos de saneamento. Neste caso, e para evitar os continuos atascos detectados na rede polo arrastre de materiais producidos pola choiva, realizouse a separación das redes de saneamento e de pluviais nun treito superior aos 800 metros, así como a reposición de acometidas.

Neste sentido, a intención do Concello é extender este tipo de actuacións en materia de saneamento a medida que as posibilidades orzamentarias o permitan.

23 de abril de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.