publicidade hoxe

O Concello de Fene celebra a súa VI Exhibición de Ximnasia Rítmica este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFene
A-
A+

A concelleira de Cultura e Deportes, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que Fene celebrará este sábado, 18 de abril, a sexta edición da súa Exhibición de Ximnasia Rítmica. Un encontro no que tomarán parte uns 285 nenos e nenas de catorce clubes tanto do municipio, como doutras localidades da comarca e, tamén, incluso de fóra da provincia da Coruña. A cita, aberta á cidadanía, dará comezo ás catro da tarde no pavillón polideportivo municipal da Xunqueira, en San Valentín, e prevése que conclúa en torno ás 19,30 horas.

As escolas municipais de ximnasia e baile, escolas e clubes participantes son os seguintes: Escola Municipal de Ximnasia rítmica de Fene; Escola municipal de Ximnasia artística de Fene; Escola municipal de baile moderno de Fene; Club Escola Ximnasia Ferrolterra; Club Ximnasia Rítmica Porta Norte Viveiro; Escola de Ximnasia Porta Norte Viveiro; Escola de Ximnasia Quicela (Monforte de Lemos – Lugo); Club Esquío Ares; Club Esquío Ferrol; Club Acordes Narón; Club Acordes Pontedeume; Club Brío–San Sadurniño; Club rítmica Xiada; Asociación Deportiva Aixa (Sarria–Lugo).

14 de abril de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.