publicidade hoxe

O Concello de Fene celebra a II Feira de Segunda Man e Troco e abre o prazo de inscripción no VIII Concurso de Tapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Fene, Juan José Franco, presentou esta mañá a segunda edición da Feira de Segunda Man e Troco, que se celebrará este sábado, 25 de abril, baixo a carpa ubicada no Paseo Marítimo de San Valentín, escenario hai uns días do Encontro de Palilleiras. Un total de 44 postos ofrecerán os seus produtos entre as 11 e as 19 horas. Así mesmo, a cita contará este ano cun marcado carácter solidario, con postos que adicarán a súa recadación ás asociacións Arraigo, Por+Vida e ao Centro de Atención á Discapacidade Síquica Souto de Leixa. En concreto, serán os stands que dispoñan estas dúas últimas asociacións, así como o CPS Liga Amigos de Barallobre; a AVV de San Ramón de Sillobre, e a SCRD Agarimo. Nesta liña, o concelleiro confía en reeditar o éxito colleitado o pasado ano en canto a afluencia de visitantes e avanzou que, como novidade, sobre as 12 horas, celebraráse unha sesión de capoeira aberta á participación de todos os asistentes. Así mesmo, ás 13 horas, terá lugar o sorteo e entrega de premios do IV Concurso de Escaparates de Primavera. Un certame no que competirán tres establecementos: Pastelería Martínez, Floristería Azalea e Perla Multiprecios.

Entre hoxe e o mércores, os clientes poderán votar polo escaparate que máis lles guste, sempre que visiten a todos os participantes –que acreditarán selando unha papeleta á súa disposición nos establecementos-. Tamén nestas datas o xurado profesional valorará as decoracións. Así, outorgaránse dous premios: o do xurado profesional consistirá nun diploma e trofeo e, o dos clientes, diploma, trofeo e escapada rural cortesía de Organiza-Turismo e Eventos SL. Así mesmo, entre os clientes que realicen unha compra entre o 20 e 23 de abril nos tres negocios citados, sortearánse dous vales de 20 euros a consumir en calquer establecemento adherido á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”, cedidos por esta.

Ademáis, Juan José Franco avanzou que mañá martes, 21 de abril, abriráse o prazo para que os hosteleiros se anoten no VIII Concurso de Tapas Concello de Fene. Deberá realizarse no Rexistro Xeral da casa consistorial e o prazo remata o día 24. Se o número de inscritos supera a veintena, o certame desenvolveráse durante 4 semanas (do 1 ao 31 de maio) e, se é inferior, durante tres (do 1 ao 24 de maio). O edil espera superar os rexistros de participación da edición anterior, cando se selaron máis de 8.000 tarxetas e completaron máis de 300 Fenerrutas. Este ano, mantéñense moitos dos aspectos do 2014, como os premios: sortearáse unha viaxe a Roma, Londres ou París entre aqueles que completen a Fenerruta –cortesía de Estrella Galicia-; unha escapada rural –cortesía de Organiza Viajes Fene-; unha estancia nas bodegas Palacios, na Rioja –cortesía de Exclusivas Rivas Suárez SL-, ou un ano de socio para unha persoa no ximnasio Fitness Fene –cortesía deste centro-. Así mesmo, todas as tarxetas cumprimentadas nos negocios participantes polos clientes entrarán a formar parte dun sorteo con diversos premios como cheques de compra, electrodomésticos ou un mes de clases de música. Así mesmo, haberá tamén dous xurados –un profesional e os propios clientes-. O primeiro elixirá a mellor tapa creativa ou tapa tradicional e, o segundo, a mellor tapa popular creativa ou popular tradicional. Por último, o Concello editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes para darlles promoción. E, como novidade, o concelleiro avanza que o Concello programará maxia, danza, máis música e incluso monólogos de humor. Os horarios de degustación das tapas será: venres de 20 a 22 h; sábados de 13 a 15 h e de 20 a 22 h, e domingo, de 13 a 15 h.

20 de abril de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.