publicidade hoxe

O Concello de Cervo renova e mellora a canalización de saneamento na zona Vía Láctea de Río Covo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello informou hoxe de que está acometendo obras de renovación na canalización de abastecemento de auga na urbanización de Río Covo, en concreto na zona de Vía Láctea. En canto aos traballos, consisten en colocar máis de 200 metros de novas tubaxes de polietileno, que substitúen á rede anterior.

Unha canalización que precisaba actuacións de mellora, polo que o Concello decidiu acometer unha renovación completa deste tramo na contra de realizar arranxos puntuais, buscando garantir un servizo sen incidencias.

Ademais, estanse instalando válvulas de corte nos edificios. Desta maneira estase individualizando o servizo, polo que no caso de que houbese que facer actuacións ou se producisen avarías, só sería necesario facer cortes de subministro nos sectores afectados. Uns traballos que o Concello está levando a cabo con persoal municipal e recursos propios.

16 de abril de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.