publicidade hoxe

O Concello de Cedeira inviste máis de 73.000 euros na pavimentación de camiños na zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, informou esta mañá da adxudicación dun paquete de intervencións de mellora de camiños e pistas na zona rural por un importe conxunto superior aos 73.500 euros. En concreto, o edil apuntou que se levarán a cabo nos viais da Revolta, Ludeiro, A Presa, Candales e Veciñeira, parroquia de San Román. En todos eles, e cun prazo de execución de mes e medio, procederáse á limpeza de cunetas, rebacheo da superficie e traballos de aglomerado a base de dobre capa de rego asfáltico.

Así mesmo, e sen abandoar a parroquia, o concelleiro apuntou que o Concello tamén procederá ao acondicionamento dun pequeno vial de 370 metros na Pasada. Neste caso, a mellora incluirá a limpeza de cunetas, colocación de sinal de STOP e execución de pasos salvacunetas para a correcta drenaxe do camiño. A actuación completaráse coa aplicación dunha capa de zahorra, o desbroce do terreo e a tala e retirada do arbolado que afecta á circulación.

27 de abril de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.