publicidade hoxe

O Concello de Cedeira inicia un plan integral de limpeza e sinalización dos lavadoiros e fontes municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello arrancou este mes un plan integral de acondicionamento e posta en valor das fontes e lavadoiros de Cedeira nas fontes da Corredoira, Vila do Río e A Pasada, emprazadas na parroquia de San Román. E, ao longo das próximas semanas, extenderá este tipo de intervencións a uns trinta espazos, a totalidade dos existentes na vila.

Fundamentalmente, os traballos realizados por operarios municipais contemplan a limpeza das fontes e lavadoiros, tarefas de desbroce do entorno e, naqueles que carecen del, na instalación de letreiros identificativos nos que se fai constar o seu nome e lugar de ubicación.

27 de abril de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.