publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Cedeira adxudica as obras de pavimentación en camiños das parroquias de Régoa e Esteiro por 113.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de adxudicar unha serie de intervencións de pavimentación nas parroquias de Régoa e de Esteiro orzamentadas en máis de 113.000 euros e prazo de execución estimado en tres meses. Intervencións que se financiarán con fondos propios municipais e que, segundo explicou o alcalde, Luis Rubido, darán resposta ao avanzado estado de deterioro dos viais co ánimo de mellorar as súas condicións de tránsito e seguridade vial. En suma, máis de 3,6 kilómetros repartidos nos seguintes camiños: Bereixo-Ervellás, Pardiñeira-Viriño, Río Muíños e Cordobelas.

En todos eles, procederáse á limpeza das cunetas e tamén ao rebacheo e aglomerado. No caso do vial Bereixo-Ervellás, parte da DP-2204 nas inmediacións do seu paso sobre o Rego das Pontigas e, tras un percorrido dun kilómetro e sentido oeste-este, alcanza o núcleo de Bereixo. A partir de ahí e cunha pranta en forma de U invertida inicia a ascensión ao Monte das Croas, alcanzando o lugar do Castro. Antes deste, iníciase un camiño que descende pola ladeira noreste do Monte das Croas e conduce ao núcleo da Casanova.

En canto ao camiño Pardiñeira-Viriño, comunica ambos núcleos de poboación, así como o lugar da Rúa. No caso do vial Río Muíños, iníciase no lugar dos Loureiros, cun tramo descendente e dirección norte-sur e, a partir deste punto, a pendente cambia volvéndose o itinerario ascendente. Seguindo nel, alcánzase a estrada AC-566 e, tamén, conta cun pequeno ramal que se reparará. En Cordobelas, o vial susceptible de actuación finaliza na marxe dereita da AC-566, permitindo o acceso dende esta ao núcleo de poboación.

20 de abril de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.