publicidade hoxe

O colexio Os Casais de Fene organiza un mercado solidario para o Banco de Alimentos Rías Altas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Estudantes de 5º e 6º curso de Educación Primaria do colexio Os Casais de Fene están a participar nun interesante proxecto de Aprendizaxe-Servizo guiado por alumnas da Universidade da Coruña. A través do mesmo, os estudantes participan en obradoiros nos que confeccionan manualidades e debuxos que porán á venda nun mercado con fins solidarios.

O centro educativo acollerá ese mercado o martes, 28 de abril, entre as 16 e as 18 horas e, amáis dos traballos realizados polos estudantes, tamén se venderán libros e xoguetes doados pola comunidade educativa do colexio. Os interesados en participar na iniciativa poderán pagar as súas adquisicións con alimentos non perecedoiros ou cartos. E, a recadación íntegra, destinaráse ao Banco de Alimentos Rías Altas, Balrial

24 de abril de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.