publicidade hoxe

O Centro de Interpretación do Ulla de Touro funcionará ao longo do próximo verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O novo Centro de Interpretación do Ulla que estará ubicado en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, estará en marcha ao longo de próximo verán. O Concello de Touro, que xestiona a súa posta en marcha, recibiu a confirmación do Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) da ‘luz verde’ á subvención solicitada para dotar de contido a un centro que estará nun novo edificio ubicado na zona de dotación de servicios sociais de Touro e feito polos participantes nun Obradoiro de Emprego. O novo Centro de Interpretación do Ulla, moi próximo á recén estreada Casa da Cultura de Touro e ao novo PAI, recibirá unha subvención de 30.000 euros, que deberá estar executada antes de que remate o próximo mes de agosto.

O Centro de Interpretación do Ulla contará cun aula TIC e con elementos interactivos dixitais. Esta nova infraestructura servirá para que veciños e visitantes poidan traballar o achegamento ós recursos naturais e patrimonio do río Ulla a través das TIC. Os investimentos consistirán na adquisición de equipamento informático, material dixital, material didáctics e paneis interpretativos para acondicionar un espazo de estudo das novas tecnoloxías e do río Ulla. O Concello de Touro pretende así achegar a veciños e visitantes o río e potenciar a dinamización turística do territorio.

Este proyecto naceu como iniciativa do Concello de Touro no Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla-Tambre-Mandeo. Foi unha das iniciativas aprobadas e agora xa conta cos medios para dotar ao edificio de contidos. O Concello de Touro está convencido do potencial de atracción de visitantes locais e foráneos que ten o río Ulla. Xa están en marcha os trámites para restaurar a vella ponte, en Ponte Remesquide, que conecta os concellos de Touro (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra) e hoxe en desuso. Esta actuación poñerá en valor este entorno natural do río Ulla coa restauración ambiental da zona. Nas próximas semanas tamén se presentará a nova edición do programa ‘Goza do Ulla’, una iniciativa de promoción deste territorio que impulsan os 19 concellos bañados por este río a través de rotas de sendeirismo e outras actividades complementarias.

9 de abril de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.